Edición VI corpo(a)terra

Financié le 15 / 07 / 2016
Cofinancé!
Accumulé
€ 6.200
Minimal
€ 6.000
Optimal
€ 7.500
116 Cofinanceurs
Channel
  • Pour € 5

    OLLADA CORPO(A)TERRA

    Esta aportación mínima ten un recompensa inmaterial e retornable simbólicamente no valor dunha entrada para ver unha peza de rúa.

    > 08 Cofinanceurs
  • Pour € 10

    SIMPATIZANTE CORPO(A)TERRA

    Esta aportación ten un recompensa inmaterial e retornable simbólicamente no valor de media xornada do festival.

    > 17 Cofinanceurs
  • Pour € 20

    AMIGO CORPO(A)TERRA

    Esta aportación ten unha recompensa inmaterial e retornable simbólicamente no valor da entrada dunha xornada do festival.

    > 12 Cofinanceurs
  • Pour € 30

    PACK DANZA

    Camiseta da VI Edición do Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense que se poderá recoller durante a realización do Festival.
    Agradecemento na Web

    > 30 Cofinanceurs
  • Pour € 40

    PACK CORPO

    1 Camisetas e unha bolsa de tela serigrafiada a recoller durante a realización do Festival.
    Aparición como mecenas na web.

    > 15 Cofinanceurs
  • Pour € 50

    PACK MOVEMENTO

    2 camisetas corpo(a)terra que se recollerán durante a edición do Festival e mención na web

    > 17 Cofinanceurs
  • Pour € 100

    PACK BRINCO

    2 Camisetas e 2 Bolsas corpoaterra máis envio nacional.
    Mención especial na Web.

    > 09 Cofinanceurs
  • Pour € 400

    PACK AXITACIÓN

    Logo da Empresa ou mención especial no programa de man do Festival e na Web corpo(a)terra.
    2 Camisetas e 2 Bolsas máis envío nacional ou internacional.

    > 00 Cofinanceurs
  • Pour € 1.000

    CORPO(A)TERRA CÓSMICO

    Está é unha mención especial de patrocinio que aparecerá no programa de man. A mecenas terá dous sitios privilexiados para disfrutar das pezas e poderá bautizar un dos platos especiais do C.A.T (e)RING d.o Festival
    Lote patrocinador composto por 4 Camisetas, 4 bolsas de tela e sorpresa especial!

    > 00 Cofinanceurs

À propos du projet

Colabora na VI Edición do corpo(a)terra

Budget Tâche Minimal Optimal
Caxés Artistas
Parte dos custos de programación. O apoio do Concello de Ourense é de 10.000 €. Se chegamos ós 15.000 con Goteo, poderiamos optar a Subvención de AGADIC, a axencia Galega de Industrias Culturais é acadar así os 30:000 que custa este ano o festival.
€ 3.000
Equipa de Produción
Parte dos costes de produción e manutención durante o festival da equipa de produción e voluntarios. Gastos das recompensas: bolsos e camisetas.
€ 2.000
CAXÉS ARTISTAS
A colaboración que solicitamos é baixo mínimos contando coas subvencións do Concello e a Diputación ou AGADIC. Son catro días de programación, con tres propostas por día e dous concertos, o xoves e o sábado. Ademáis da semana de adestramento en danza, ENXEBRE. Estes cartos serán para mellorar as condición dos artistas e a producción do festival. Se non se empregaran os cartos nesta edición irían exclusivamente para a preparación da seguinte edición e para o mantemento da infraestructura anual do corpo(a)terra.
€ 1.500
Budget Infrastructure Minimal Optimal
COSTES GOTEO E XESTIÓN DAS APORTACIÓNS
Goteo 4%: 200, banco 0,8%, Paypal 3,4% + 0,35€/transacción. Sobre unha media de 6% de 5.000 € seían 300 €. Seguimento proxecto 10% 500 €.
€ 1.000
Total € 6.000 € 7.500
Indispensable
Optionnel

Informations générales

Festival de danza e artes do corpo nas rúas de Ourense.

Corpo(a)terra é na actualidade un referente Nacional e Internacional no mundo da danza.

Corpo(a)terra naceu no verán 2011 da man da asociación trasPediante Cultura como unha iniciativa privada sen ánimo de lucro. Durante os últimos 5 anos continuou crecendo sempre co impulso colaborador de artistas implicadoxs e da equipa de traballo que se encarga da sua produción.

A realidade do proxecto en canto a tempo e traballo invertido nos últimos anos nunca contou co retorno económico básico e suficiente. A crenza no que facemos e na potencialidade do Festival fainos antempoñer sempre o proxecto ás necesidades mínimas dunha producción da magnitude que o corpo(a)terra ten na actualidade.

Corpo(a)terra na súa VI Edición precisa dun orzamento de 30.000€ para manter o percorrido de traballo trazado nas 5 edicións anteriores nas que, entre outras cousas:

  1. Establecéronse colaboracións Nacionais e Internacionais con outras estructuras relacionadas coa Danza como coa Red Acielo Abierto, subencionada polo Ministerio de Cultura e que aglutina a importantes festivais de danza do Estado Español; co Certame SóLODOS EN DANZA /Barva, Costa Rica; ou coa KOREAN/FUNDATION sendo o corpo(a)terra anfitrión da xira española para novos talentos da creación coreana.

  2. Xenerouse un compromiso coa programación e promoción de artistas galegxs.

  3. Creouse o primeiro International Summer Intensive Festival de Galicia : ENXEBRE´

Nesta VI Edición, os compromisos institucionais non chegan para sufragar os gastos do proxecto completo. Contamos coa colaboración do Concello de Ourense que aporta a cuantía de 10.000€ que supón a infraestructura e unha pequena parte dos cachés artísticos desta Edición.

Para completar outra parte do orzamento poñemos en marcha este crowdfunding, mentres que seguimos a traballar para conseguir o resto do finanzamento a través doutras vías.

Deste xeito un ano mais, e a través desta convocatoria, a organización do festival apelamos a colaboración cidadana para a posta en marcha do Corpo(a)terra & ENXEBRE´16 que terá lugar do 29 de Xuño ao 9 de Xullo en Ourense.

Dende a sua primeira Edición o Festival demostra ser un referente no que cada un de nós somos parte.

Agradecemos as vosas aportacións e a máxima difusión do proxecto.

Este ano tamén, TI FAS CORPO(A)TERRA!!!

Caractéristiques principales

A VI Edición do Corpo(a)terra & ENXEBRE´16 terá lugar do 29 de Xuño ao 9 de Xullo en Ourense.

Para esta Edicion estamos tratando de concretar por primeiro ano unha colaboración con Concello de Allariz.

  • Liñas de Programación:

Este ano volcamos a mirada nas artistas galegas de longa traxectoria como La Macana ou Andrea Quintana. No tocante a artistas emerxentes galegos contamos co traballo de Fran Martínez.

Un ano mais contaremos co gañador do CERTEME SóLODOS EN DANZA / BARVA , COSTA RICA. E coas duas funcións seleccionadas pola RED ACIELO ABIERTO.

Entre outros, estamos pechando a colaboración, en relación a artistas internacionais, co bailarían Jurij Konjar.

ENXEBRE´16 Contemporary dance Training, Summer Intensive Festival desenvolverase en dúas fases de 4 días cada unha entre o 29 de Xuño e o 7 de Xullo. Que envolverá a profesionais nacionais e internacionais encargados de impartir o adestramento intensivo en danza.

Continuamos ofrecendo prazas con Festa, este ano a cargo do Cat e ring, e AldaoLado para peche fin de festa.

Plantexamos unha corpoducción coa cía Los Innato, na que traballaran con 5 paiasxs e 5 brekers, apoiando a liñas de outros corpos, achegarnos ao circo, e cohesionando artistas locais e internacionais.

No tocante ao performativo contaremos coa colaboración dos alumnxs do Máster de Artea, e a aula de deseño da artista Fabiola Augusta.

Ademáis, nesta edición faremos unha especial aposta en torno ao “ChirinCHICto” de comida do festival, coa idea de aproveitar e enrdecer a acción social natural que cada ano xorde en torno ao mesmo. Así estamos plantezando a performance C.A.T (e)RING, Vai de C.(a) T. no a soe o nome da performance segundo sexa a tapa que se presenta.; co obxetivo de xenerar una performance de comunidade, corpo e son, que pretende achegar ao público o concepto de festa de partillar o corpo, en torno a algo tan elemental como a comida.

859697-10201699984327832-399790151-o.jpg

Pourquoi est-ce important

Corpoa(a)terra convertiuse nos últimos anos nun referente internacional de danza, e neste momento, é o único festival destas características nas rúas de Galiza.

Dende a súa primeira edición “BUSCÁMOSLLE UN NOME”, Corpo(a)terra apela á participación cidadá que elexiu o seu nome e que en cada Edición continua a encher as súas rúas e plazas.

É un festival avalado por espectadores; pola Xunta de Galicia, Agadic; o Ministerio de Cultura, INAEM; Institucións Internacionais; e a grandísima parte da profesión que escribe para participar nel.

Cada ano, todas e todos: cidadanxs, artistas, espectadorxs, espacios urbanos, asociacións… formamos parte das distintas edicións dalgún xeito particular.

bea-corpo.jpg corpo4.png

Objectifs de la campagne de crowdfunding

O obxetivo primordial da campaña é alcanzar o orzamento básico necesario para poñer en marcha a maquinaria da producción do festival. Dende aquí, continuaremos co traballo para alcanzar o finanzamento xeral.

Corpo(a)terra traballa por compartir coa comunidade o amor á danza e as artes vivas, tecer cidade e seguir enchendo de experiencias e emocións as rúas de Ourense.

corpo2.png anxela-corpo.jpg

Expérience antérieure et équipe

Corpo (a)terra. Danza e artes do corpo nas rúas de Ourense.
Dende o verán 2011, Ourense conta cunha nova oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano.
Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 21:00 da tarde, a espectadora e o espectador percorre a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte dxs artistxs.
Artistas internacionais e galegxs, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafxs, bailarinas e bailaríns de Ourense, serán xs encargadoxs das catro actuacións, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configuran a programación diaria.
Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbano que apela a participación cidadá a través da danza. Na súa primeira edición foron xs cidadáns de a pé, convertidxs en espectadorxs, xs encargadxs de propoñerlle o nome co que marcar a súa identidade, finalmente: corpo(a)terra. Cada ano, todas e todos: cidadanxs, artistas, espectadorxs, espacios urbanos, asociacións… formaremos parte das distintas edicións dalgún xeito particular.

Produción Asociación trasPediante Cultura e Concello de Ourense
Direción. Marta Alonso e Begoña Cuquejo
Equipa. Cristina Balboa, Paulina Funes, Paula Quintas, Patricia Varela
Nuria Sotelo, Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Jorge Ramos.
Direción técnica. Jorge Ramos
Deseño gráfico. Paulina Funes
Audiovisuais, espazo sonoro e xestión Goteo. Cristina Balboa
C.A.T(e)Ring. Paula Quintas.
Colaboración Especial. Diego Meizoso

corea-corpo.jpg corpo1-jpg.png

Engagement social