IV Encontros Culturais Vivir Vilamarín

Header image
Voir la Video
Financié le 09 / 08 / 2018
Cofinancé!
Accumulé
€ 1.403
Minimal
€ 950
Optimal
€ 1.450
48 Cofinanceurs
Channel
  • Pour € 5

    Agradecemento

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    > 02 Cofinanceurs
  • Pour € 10

    Chapa Vivir Vilamarín e Agradecemento

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 02 Cofinanceurs
  • Pour € 20

    Chapa, póster, botella de viño e agradecemento

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 10 Cofinanceurs
  • Pour € 30

    Chapa, póster, camiseta de Vivir Vilamarín e agradecemento

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en catro talles diferentes: S,M,L

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 18 Cofinanceurs
  • Pour € 50

    Chapa, póster, camiseta de Vivir Vilamarín, botella de viño e agradecemento

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en tres talles diferentes: S,M,L

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 09 Cofinanceurs
  • Pour € 75

    Chapa, póster, camiseta de Vivir Vilamarín, botella de viño, ramo de flores e agradecemento

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en catro talles diferentes: S,L,XL, XX

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    Ramo de flores de Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 00 Cofinanceurs
  • Pour € 100

    Camiseta, chapa e sementes de Vilamarín e agradecemento

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en tres talles diferentes: S,M,L

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    Bolsiña de sementes ecolóxicas das hortas da Raña.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 00 Cofinanceurs
  • Pour € 200

    Chapa, póster, bolsiña de sementes, camiseta, agradecemento, botella de viño, cesta produtos da horta

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en tres talles diferentes: S,M,L

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    Bolsiña de sementes ecolóxicas das hortas da Raña.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    Cesta de produtos da horta de Vilamarín.

    Entrega en man.

    > 00 Cofinanceurs
  • Pour € 500

    Chapa, póster, bolsiña de sementes, camiseta, botella de viño, cesta produtos da horta, agradecemento e árbore

    Camiseta co deseño de Vivir Vilamarín, dispoñible en trestalles diferentes: S,M,L

    Chapa co deseño de Vivir Vilamarín.

    Póster con deseño orixinal de Vivir Vilamarín.

    Bolsiña de sementes ecolóxicas das hortas da Raña.

    A persoa doadora figurará nos agradecementos da páxina de Vivir Vilamarín.

    Botella de viño artesanal de Vilamarín.

    Cesta de produtos da horta de Vilamarín.

    Árbore plantada ao nome da persoa doadora.

    Entrega en man.

    > 00 Cofinanceurs

À propos du projet

Xornadas de dinamización sociocultural no medio rural.

Budget Infrastructure Minimal Optimal
Xeradores
Aluguer de xeradores para as actuacións musicais.
€ 120
Seguro de Responsibilidade Civil
Para pagar os gastos de asegurar o evento.
€ 80
Costes derivados da produción do crowdfunding
Este gasto irá destinado a pagar os costes de taxas bancarias, taxas do crowdfunding, etc.
€ 100
Budget Tâche Minimal Optimal
Concerto: "Músicas lusogalaicas"
Esta actividade consistirá en 2 concertos de grupos do norte e do sur da raia. Galegos e portugueses compartirán escenario nunha actividade musical na cal se pretenderá reforzar os lazos de unión entre os dous países veciños. Esta actividade amosa a singularidade de ser un espazo no cal os músicos lusos e galegos poidan compartir experiencias e inquedanzas, mentres o conxunto dos asistentes aprendemos a valorar o moito que temos en común cos nosos veciños do sur.
€ 500
Proxeccións cinematográficas no curral
Un ano máis, proxectaremos curtametraxes comprometidos coa realidade do medio rural. Ao final, haberá coloquio cos e cas directoras.
€ 120
Obradoiro para toda a familia
Obradoiro artístico-educativo para toda a familia nun entorno natural.
€ 250
Contacontos interxeracional
Contacontos para toda a familia, con historias que nos tocan de preto.
€ 250
Budget Matériel Minimal Optimal
Cartelería e difusión do evento
Presuposto destinado a proporcionar material para a publicidade e difusión do evento.
€ 30
Total € 950 € 1.450
Indispensable
Optionnel

Informations générales

Somos fillas e fillos do exilio rural que buscan reatoparse coas súas raíces. Dende unha tensión consciente "campo-cidade" plantexamos estes encontros culturais. A experiencia dinos que nesa encrucillada aparecen cousas marabillosas. Unha rubia pacendo e un riff de guitarra ao seu carón. Xente de tódalas idades festexando xuntas unha muiñeira, unha partida de birisca ou unha curtametraxe que chega dende Irán ou San Sadurniño.

É por iso que plantexamos dende fai tres anos a creación de diversas actividades culturais destinadas á xente de Vilamarín e da súa contorna: cine, música, poesía, actividades para nenos... Todo de balde e aberto a todos os públicos.

Tentando fuxir de romanticismos artificiosos pero sendo conscientes de que somos persoas moi románticas, tentamos darlle saída a distintas concepcións do desexo de disfrutar. En Vilamarín.

Caractéristiques principales

A finalidade do proxecto é a dinamización do medio rural, en concreto, no Concello de Vilamarín. Ante a crecente situación de despoboamento e abandono do rural cara os espazos urbanos, preténdese demostrar o potencial deste entorno cando a xente moza se involucra e participa. Esto tratarase de conseguir mediante as actividades propostas, tentando prender unha faísca que deixe pegada para futuribles iniciativas.

Así, mediante este proxecto búscase un punto de encontro para que toda a xente moza que ten vencellos co Concello (avós/avoas, pais/nais, curmáns/curmás…) – tamén para os que non-poida percatarse, por medio das actividades propostas, de
que o rural é un medio con moitas opcións para o desenvolvemento persoal, profesional e comunitario. Búscase, neste sentido, desestigmatizar o rural como “lugar aburrido onde nunca pasa nada interesante”.

Tamén se pretende que neste encontro, xurdan sinerxias e se tezan novas redes entre a persoas mozas que estén interesadas en apostar por un rural máis activo. Sendo concretos, a finalidade principal podería definirse como “espertar a conciencia sobre os valores do noso rural”.

Polo tanto, pódese determinar o obxectivo xeral deste proxecto como:

Estimular a participación sociocultural da xente da vila no medio rural mediante un programa de dinamización no concello de Vilamarín conseguindo unha sensibilización cara o coidado e recuperación do patrimonio rural.

Os obxectivos específicos deste proxecto, desglósanse do seguinte xeito:

  1. Fomentar espazos e tempos de actividade cultural no Concello mediante a utilización dos seus valiosos espazos públicos.
  2. Desestigmatizar o medio rural como algo “aburrido”, facendo ver que mediante a participación e organización pode ser un lugar moi digno para prosperar.
  3. Visibilizar os valores do rural procurando a súa posta en estimación.
  4. Reflexionar acerca do abandono do rural, analizar as causas e ofrecer alternativas para a súa recuperación.
descripcion-1.jpg motivacion-13.jpg

Pourquoi est-ce important

O “Proxecto de dinamización do medio rural no Concello de Vilamarín”, faise coa pretensión de ofrecer á xente de Vilamarín e arredores, un día de dinamización sociocultural. Búscase que a participación sexa activa, isto é, un público colaborador á vez que espectador, sentíndose partícipe do que alí sucederá. Xente do rural, xente da cidade, xente maior, xente moza... o espíritu das actividades procura ser sempre de índole integradora e interxeneracional.

motivacion3.jpg motivacion2.jpg

Expérience antérieure et équipe

Martín, Eva, Queco, Andrés e Iago. Mozos (ou xa non tanto) implicados coa educación no mundo rural así como con fortes lazos emocionais ligados a Vilamarín. Chegados dende a universidade, e dende estudos tan diversos como a Pedagoxía, a Arquitectura ou o Deseño Gráfico, o núcleo organizador ven dando nos ultimos tres anos o mellor de sí para organizar os encontros culturais de Vivir Vilamarín, con un éxito crecente de público asistente, e o que é máis importante de participación por parte da poboación do lugar.

Nos ultimos 3 anos levamos organizando os encontros culturais en Vilamarín, con un éxito de público e unha repercusión crecente. Agardamos que nos axudes a poder continuar un ano máis con esta exitosa singradura.

equipo-33.jpg

Engagement social

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Decent Work and Economic Growth

    Sustainable economic growth will require societies to create the conditions that allow people to have quality jobs.

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss