Estmadas Amigas e Amigos, como xa saberedes o pasado 26 de outubro estreamos o noso último documental o cal nos quedaba pendente antes de pornos con este de LOLA. O seu título é EU TAMÉN NECESITO AMAR e fala sobre a vida das nenas que naceron arrededor da guerra civil e que creceron durante unha dictadura. Falan as nosas nais e avoas. A súa estrea fíxose dentro do certamen CURTAS Fest Film.
Pois ben, sete días despois, o pasado sábado 2 de novembro entregáronnos o PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL GALEGO dentro dese certamen.
Estamos moi contentos xa que algúns de vos tamén colaboráchedes para que ese traballo de Memoria, como este, se levase a cabo. E aquí o fruto daquela semente.
Agora estamos preparando a súa difusión para que todos coñezan esa historia como xa o fixeron moitos vilagarcianos.
GRACIAS POLO VOSO APOIO.