À propos du projet
Afficher la liste des besoins
![]() |
Minimal | Optimal |
---|---|---|
Soldos equipo
Cada unha das inmersións da traballo a un equipo numeroso de persoas e polo tanto ten un custo alto. O capital humano e profesional é un dos piares do proxecto, mais tamén o principal custo.
|
€ 4.000 | |
Desprazamento e dietas do equipo
Cada filmersión realízase nun punto distinto da xeografía galega, revitalizando e dando a coñecer as vilas galegas. Debemos trasladar e manter o equipo en cada localización durante dúas noites.
|
€ 1.000 | |
Recompensas
Cubrir os custos da produción de recompensas, entre as que están regalar estancias e filmersións para os nosos mecenas
|
€ 1.000 | |
Ampliación do equipo
Queremos seguir mellorando a experiencia, para o que precisaríamos un equipo humano maior. Gustaríanos contar con outras dúas persoas no departamento de produción.
|
€ 2.000 | |
Festas inmersivas
Cada filmersión da lugar a unha curtametraxe e gústanos conmpartilas coas persoas que forman parte delas e todas aquelas que se queiran achegar, ofrecendo a proxección da película así como unha pequena festa na que a experiencia inmersiva se prolongue.
|
€ 3.000 | |
Xestión do crowdfunding
Organizar esta campaña conleva unha inversión de tempo e recursos, así como unha campaña de comunicación específica para á que destinaremos cartos en publicidade nas redes sociais.
|
€ 1.000 |
![]() |
Minimal | Optimal |
---|---|---|
Materiais para protexernos contra o Covid-19
Hidroxel, máscaras e pantallas para os traballadores e participantes nas dúas filmersións programadas
|
€ 2.000 | |
Total | € 8.000 | € 14.000 |
Informations générales
Introducimos por primeira vez no mundo a Filmersión: unha experiencia baseada en cinema inmersivo con guións creados especificamente onde se mestura cinema, teatro e moita adrenalina convertendo aos espectadores en participantes da historia dunha viaxe no tempo. Para nosa primeira aventura, un equipo de científicos queren construír unha máquina do tempo, con idea de crear a simulación perfecta de viaxe no tempo. Ademais, queremos a posibles viaxeiros e viaxeiras temporais para realizar esta viaxe connosco. Acompañádesnos?
En primeiro lugar, regalámosche unha experiencia chamada Filmersión Online e valorada en 15€.
Só tes que apuntarte [aquí](https:// forms.gle/BzLHo3N73VsckVBd7). Descobre o que é vivíndoo.
E, como agradecemento pola túa colaboración e achega en confianza, obsequiarémoste coas seguintes recompensas:
- A experiencia especial e única de vivir un festival de música indie: Fa Ce La Fest. Valorado en 25€
- Sorteo entre os colaboradores de: 10 entradas gratuítas (valoradas en 49 euros) e unha entrada vitalicia para todas as Filmersiones Camiño Inmersivo.
- Agradecementos nos créditos do Film Inmersivo. Non cho comentamos ata o de agora? SI! toda a experiencia grávase en calidade cinematográfica para proxectarse, despois da Filmersión, nun lugar e momento secreto, que che desvelaremos ao seu debido tempo (pero unha pequena pista, será nunha gran pantalla)
Accede a estas recompensas facendo click no botón recompensas.
Caractéristiques principales
E é que, ademais, estarás a apoiar un proxecto feito en Lugo. Xa que se queremos conseguir o óptimo necesitamos que nos apoies cofinanciando este proxecto. Coa túa achega mínima de 25 €, ademais de recibir todo o anterior, poderás axudarnos a conseguir que sigamos traballando para levar máis Filmersiones a máis sitios (ata o día de hoxe xa realizamos tres, a próxima é na túa cidade, Lugo) e conseguir salarios dignos para o equipo (somos preto de 16 persoas). Dese xeito, formarás parte do exclusivo grupo de financiadores que cooperaron para dar forma a este proxecto único no mundo, e ao que verás nacer e expandirse desde Lugo cara a unha infinidade de lugares dentro e fóra de Galicia.
As entradas xa están esgotadas (aínda poderías acceder mediante sorteo) pero queremos que coñezas que é unha filmersión e para iso creamos a Filmersión Online. Nestes tempos de confinamentos e distancia social pensamos que a mellor forma para entender todos os detalles desta experiencia inmersiva é mediante un zoom, unha videochamada onde podes introducirte nunha historia e interactuar con ela. Se che interesa e queres que te avisemos síguenos en instagram (ligazón) e/ou apúntache mediante a seguinte [ligazón](https:// forms.gle/BzLHo3N73VsckVBd7).
Incluímos como parte da historia a esixencia de levar máscara, a modo de traxe para viaxar no tempo, e tamén manteremos a distancia de seguridade. Haberá actrices e actores que se ocuparán desta garantía polo ben da nosa misión, deste xeito CUMPRIMOS As RECOMENDACIÓNS SANITARIAS pola Covid-19.

Pourquoi est-ce important
O camiño inmersivo reflicte a filosofía común do equipo de traballo, sobresaíndo valores e obxectivos presentes nos traballos realizados durante esta viaxe:
- Compromiso coa innovación
- Inclusión e sustentabilidade como valores transversais
- Promoción e acceso á cultura para públicos diversos


Expérience antérieure et équipe
Iago de Sant: Director. É o creador do proxecto Camiño Inmersivo. Director de 10 curtametraxes e cunha traxectoria de 17 anos no audiovisual. Contribuiu a crear o Grupo de Cine, Cinerxias, as Filmersiones… Poderíamolo definir como un creador fílmico de experiencias
Suso López: Produtor. Socio fundador da produtora Gaitafilmes. Leva facendo curtos con Andrés Goteira desde hai máis de 10 anos. Foi produtor en DHOGS, o debut na longametraxe de Goteira, que percorreu un gran número de festivais por todo o mundo.
Brian Rodríguez: Guión. Brian Rodríguez cunha longa traxectoria de guión teatral e cinematográfico ás súas costas; é membro de Microefectos Dramatúrxicos e tamén o creador de Casaveteiro Films.
Henrique Lamas: Cámara e edición. Videógrafo e operador de cámara desde hai 10 anos en diversas producións audiovisuais e retransmisións de TV.
Vane Rivas: Directora de arte e atrezo. Interiorista, escenógrafa e fotógrafa. Vane Rivas conta con máis de 20 anos de experiencia no deseño. Acaba de fundar Festigaleiros.
Fidel López: Frontend Development, con 4 anos de experiencia nunha empresa de aplicacións móbiles orientadas á banca (TALENTO MOBILE).
Antón García Grelo: Actor inmersivo no papel do rei Alfonso II.
Sabela Barcia: Actriz inmersiva no papel de Cristal.
Lucía Anido: Actriz inmersiva no papel de Samsara, a viaxeira do tempo.
Rocío López: Actriz inmersiva no papel de Abi.
Actores e actrices do laboratorio filmersivo: Josín Ayra, Miguel Ángel Castro, Natalia Abeledo, Pablo Tenda e Santy González

Engagement social

Creating culture
Desde o inicio desta aventura, un dos nosos obxectivos é fomentar e harmonizar as interaccións das persoas coas historias, coa ficción, con outras realidades e entre elas mesmas. En certas partes da filmersión como na "Gran Inmersión" non están permitidos os móbiles, polo que dependemos só da pericia das persoas que están dentro dela e das relacións de colaboración que se producen. Isto segue sendo posible dentro do escenario da nova normalidade, no que mantemos as distancias de seguridade e protexémonos debidamente, sen que isto supoña deixar de lado a nosa esencia, xa que introducimos as novas medidas de protección como algo propio e integrado na historia. Desta maneira, as persoas que vivan esta aventura non se lles estará lembrando a Covid pero en cambio si se poderán respectar as normativas de seguridade, facendo alusión a outros elementos da historia como, por exemplo, a esixencia de manter a distancia para non modificar o espazo-tempo
Desde o inicio desta aventura, un dos nosos obxectivos é fomentar e armonizar as interaccións das persoas coas historias, coa ficción, con outras realidades e entre elas mesmas. En certas partes da filmersión como na "Gran Inmersión" non están permitidos os móviles, polo que dependemos só da pericia das persoas que están dentro dela e das relacións de colaboración que se producen. Isto segue sendo posible dentro do escenario da nova realidade, no que mantemos as distancias de seguridade e nos protexemos debidamente, sen que isto supoña deixar de lado a nosa esencia, xa que introducimos as novas medidas de protección como algo propio e integrado na historia. Desta maneira, as persoas que vivan esta aventura non se lles estará recordando a covid pero en cambio si se poderán respetar as normativas de seguridade, facendo alusión a outros elementos da historia como, por exemplo, a esixencia de manter a distancia para non modificar o espazo-tempo.
Desde o inicio desta aventura, un dos nosos obxectivos é fomentar e armonizar as interaccións das persoas coas historias, coa ficción, con outras realidades e entre elas mesmas. En certas partes da filmersión como na "Gran Inmersión" non están permitidos os móviles, polo que dependemos só da pericia das persoas que están dentro dela e das relacións de colaboración que se producen. Isto segue sendo posible dentro do escenario da nova normalidade, no que mantemos as distancias de seguridade e nos protexemos debidamente, sen que isto supoña deixar de lado a nosa esencia, xa que introducimos as novas medidas de protección como algo propio e integrado na historia. Desta maneira, as persoas que vivan esta aventura non se lles estará recordando a covid pero en cambio si se poderán respetar as normativas de seguridade, facendo alusión a outros elementos da historia como, por exemplo, a esixencia de manter a distancia para non modificar o espazo-tempo.