Galicia, España
Classé le 28 / 10 / 2017
Archivé
Accumulé
€ 3.786
Minimal
€ 10.025
Optimal
€ 13.255
92 Cofinanceurs
Pour € 5
Recoñecemento no libro e no sitio web
Se achegas esta cantidade aparecerá o teu nome no libro e no sitio web do Directorio como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario).
> 03 Cofinanceurs
Pour € 15
1 exemplar do Directorio
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario).
> 36 Cofinanceurs
Pour € 25
1 exemplar do Directorio + 1 boneco pequeno de Fixenöeu (Bico de Grao)
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás un boneco pequeno elaborado con material de refugallo da marca Fixenöeu de Bico de Grao. http://www.bicodegrao.com/menu/16/Fixen%C3%B6eu
> 01 Cofinanceurs
Pour € 30
1 exemplar do Directorio + 1 cesta de salgueiro ou vimbio
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás unha cesta de salgueiro ou vimbio do C.D.R. "Portas Abertas"
> 04 Cofinanceurs
Pour € 35
1 exemplar do Directorio + 1 exemplar de "Limpeza creativa"
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás un exemplar do libro "Limpeza creativa" publicado por Catro Ventos Editora: http://catroventos.gal/produto/limpeza-creativa/
> 12 Cofinanceurs
Pour € 60
1 exemplar do Directorio + 1 lámina de Cestola na Cachola
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás unha lámina de edición limitada dos cadros de Cestola na Cachola: https://goo.gl/je7eti
> 11 Cofinanceurs
Pour € 70
1 exemplar do directorio + 1 cesta de produtos de comercio xusto + 1 libro de Catro Ventos Editora
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás unha selección variada de produtos ecolóxicos galegos e de comercio xusto preparada por Cousas da Terra (https://www.facebook.com/cousasdaterra.org) e un exemplar dalgún dos libros publicados por Catro Ventos Editora (http://catroventos.gal/catalogo).
> 04 Cofinanceurs
Pour € 100
1 exemplar do Directorio + 1 exemplar dun libro de Catro Ventos Editora + 1 lámina de Cestola na Cachola
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás: - un exemplar dun dos libros publicados por Catro Ventos Editora: http://catroventos.gal/catalogo/ - unha lámina de edición limitada dos cadros de Cestola na Cachola: https://goo.gl/je7eti
> 06 Cofinanceurs
Pour € 150
2 exemplares do Directorio + 1 noite para catro persoas en Fogar Natural Apartamentos de Turismo Responsable
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais terás unha noite para catro persoas en Fogar Natural (Compostela). A reserva inclúe un pack almorzo de comercio xusto. Suxeito a dispoñibilidade do establecemento e non válido para Semana Santa, festivos estatais, xullo e agosto. https://www.fogarnatural.es/
> 01 Cofinanceurs
Pour € 200
1 exemplar do Directorio + 1 cestola de produtos variados de Cestola na Cachola
Se achegas esta cantidade recibirás un exemplar en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás unha cestola que inclúe boneca, conto ilustrado, láminas, postais, prenda de moda ética e cesta. http://www.cestolanacachola.org
> 01 Cofinanceurs
Pour € 250
2 exemplares do Directorio + Estancia de 2 noites para 4 persoas n'A Palleira + 1 boneco Fixenöeu (grande)
Se achegas esta cantidade recibirás dous exemplares en papel do Directorio. O teu nome aparecerá no libro e no sitio web como mecenas do proxecto (agás de nos indicar o contrario). Ademais recibirás un boneco elaborado con material de refugallo da marca Fixenöeu de Bico de Grao (http://www.bicodegrao.com/menu/16/Fixen%C3%B6eu) e unha estancia de dúas noites para catro persoas (almorzo incluído) na casa turística A Palleira, sita en Tronceda (na Ribeira Sacra): http://www.troncedaapalleira.com. A reserva deberase facer cando menos cun mes de antelación.
> 01 Cofinanceurs

À propos du projet

Pretendemos crear un directorio da economía alternativa e solidaria en Galicia. O proxecto ten un dobre propósito: divulgar os principios básicos da ESS e dar a coñecer aquelas iniciativas que xa se están a rexer por eles.
Tche Minimal Optimal
Deseño e maquetación do libro
Deseño da portada, maquetación do libro para imprimir, preparación da versión electrónica (formato ePub). Estimadas unhas 80 horas de traballo. O orzamento incluído será o mínimo imprescindible, mais consideramos que o óptimo sería 1000 euros, por iso engadiremos unha achega adicional pola diferenza.
€ 600
Deseño do sitio web
Preparación dun sitio web no que volcar todos os datos do Directorio en papel, que tamén sirva para actualizalos cando for preciso e para sumar novas iniciativas.
€ 1.000
Tarefas administrativas
Tarefas ligadas á campaña de Goteo e ao contacto coas diferentes iniciativas que se han recoller no Directorio.
€ 300
Vídeo do crowdfunding e outros materiais de divulgación
Edición do vídeo da campaña de crowdfunding e preparación doutros materiais de divulgación.
€ 200
Mantemento avanzado do sitio web
O mantemento mencionado anteriormente sería o mínimo imprescindible. No caso de querer facer un mantemento máis avanzado habería que incluír unha partida extraordinaria.
€ 500
Deseño e maquetación do libro
Achega complementaria para aproximarse máis a unha remuneración xusta polo traballo que supón esta tarefa.
€ 400
Matériel Minimal Optimal
Dominio e custos de mantemento do sitio web
Rexistro do nome do sitio e mantemento do espazo necesario nun servidor. Orzamento provisional para un mantemento mínimo durante 4 anos.
€ 500
Comisións de Goteo e transaccións
Porcentaxe que cobran Goteo e as entidades bancarias por realizar a campaña e tramitar os pagamentos. Para un total recaudado de 10.000 euros, a comisión de Goteo (4 %) sería de 400 euros. O máximo a pagar en comisións bancarias e de Paypal (supoñendo a venda de todas as recompensas) sería arredor de 200 euros
€ 600
Impresión do libro
Custo de facer unha tiraxe de 500 exemplares do Directorio: 260 páxinas impresas, 4/4 cores, tamaño A5 pechado. Interior con papel de 110 g. Portada con papel de 300 g mate plastificado. Encadernación cosida.
€ 3.525
Embalaxe e envío das recompensas
Custo da embalaxe e do envío das distintas recompensas. Parte do custo xa vai incluído na propia recompensa, mais engadimos un remanente por se fixer falta. Calculamos 1,5 € × 400 recompensas a entregar.
€ 600
Recompensas
Aquí está incluído o custo das recompensas adicionais facilitadas polas entidades socias de REAS Galicia. A cantidade indicada sería o equivalente ao custo aproximado de 2/3 das recompensas propostas.
€ 2.700
Ampliación da tiraxe de 500 a 1000 exemplares
No canto de facer unha tiraxe de 500 exemplares, faríase unha de 1000. O prezo total sería de 4355 euros, mais aquí só indicamos a cantidade que habería que sumar ao custo que xa supón a tiraxe mínima de 500 exemplares.
€ 830
Recompensas
Para conseguir o capital óptimo habería que vender case a totalidade das recompensas. Este custe súmase ao anterior de 2700 €, necesario para conseguir o capital mínimo.
€ 1.300
Comisións de Goteo e transaccións
Cantidade complementaria a pagar polas comisións de Goteo no caso de conseguir o capital óptimo.
€ 200
Total € 10.025 € 13.255
Indispensable
Optionnel

Informations générales

economíasREAiS é unha foto fixa da situación no noso país en 2017-18. Confíamos en que a súa publicación sirva para dar pulo a este movemento e ás numerosas iniciativas que xa son unha realidade ou que aínda non son máis ca unha idea pendente de concretar.

O noso sitio web [por determinar], de acceso gratuíto, servirá para actualizar periodicamente esta información e, con sorte, de punto de encontro de persoas e entidades. Tamén pretendemos que facilite ao público en xeral o acceso a produtos e servizos provenientes da economia social e solidária, identificando aquelas entidades que foxen do ánimo de lucro e se rexen polos principios de REAS.
Ademais poderase descargar o directorio de maneira gratuíta en formato pdf e epub.
O libro editarase únicamente en galego.

Caractéristiques principales

O directorio será unha recompilación das iniciativas de economía social que xa están en marcha en Galicia. Estarán agrupadas por sectores: finanzas éticas, servizos, agro, arquitectura, cultura... O libro contará con índices para que se poidan atopar os proxectos por filtros (sector ou lugar) e a web contará cun motor de busca que tamén permita filtrar os contidos. A finalidade é que as consumidoras dispoñan dunha ferramenta que lles permita facer un consumo responsable.

Pourquoi est-ce important

Inicialmente o propósito é facilitar o contacto entre as distintas entidades da economía social e solidaria (eixo central de REAS tanto en Galicia como a escala estatal). Son moitas as entidades que están a traballar sen interactuar con outros axentes desta economía alternativa. En segundo lugar, mais igual de importante, trátase de que as e os consumidores saiban que existen alternativas para practicar un consumo responsable e de proximidade, con principios como a protección do medio ou o respecto polas persoas e a contorna sempre presentes.

Objectifs de la campagne de crowdfunding

Na liña do que vimos de mencionar, hai tres metas principais:

  • Dar a coñecer a REAS como entidade na que poden confluír todas as iniciativas da economía solidaria.
  • Crear un espazo de interconexión entre as distintas entidades que xa están a traballar nos distintos eidos.
  • Divulgar entre a cidadanía a existencia de opcións de consumo responsable.

Expérience antérieure et équipe

REAS Galicia está integrada en REAS Red de Redes desde que esta se creou en 1995. O noso obxectivo principal é redefinir o papel da economía, poñéndoa ao servizo das persoas, na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable.
Para pór en marcha este proxecto contamos coa experiencia das diferentes entidades socias, que sumadas permiten asumir todas as tarefas necesarias: Catro Ventos Editora coordinará o traballo e encargarase de preparar o libro (tanto en formato papel como dixital) e Ítaca Software Libre asumirá o deseño do sitio web. O resto de entidades colaborarán con aspectos máis puntuais: edición do vídeo de promoción da campaña, preparación de ilustracións, xestión da campaña nas redes sociais, difusión...

Engagement social