Escoliña De Vilar

Header image
Voir la Video
Financié le 20 / 06 / 2016
Cofinancé!
Accumulé
€ 15.340
Minimal
€ 11.216
Optimal
€ 23.644
272 Cofinanceurs
Channel
  • Pour € 10

    Thanks, postcard and invitation

    Nous vous remercions sur le web, vous téléchargez la carte postale avec le logo et nous vous invitons à la soirée d'ouverture.

    > 37 Cofinanceurs
  • Pour € 20

    Deux fanzines

    Invitation à la soirée d'ouverture, nous vous remercions sur le web et vous téléchargez la carte postale avec le logo + nous vous envoyons deux fanzines sur des sujets de votre choix (santé, la nature, la fabrication du pain, de l'agriculture, des semences, des pédagogies alternatives, la sexualité. ..)

    > 42 Cofinanceurs
  • Pour € 30

    Nous plantons un arbre en votre honneur

    Invitation à la soirée d'ouverture, nous vous remercions sur le web et vous téléchargez la carte postale avec le logo + deux fanzines + nous plantons un arbre en votre honneur pour repeupler l'entourage de l'école.

    > 56 Cofinanceurs
  • Pour € 50

    Logo T-Shirt

    Invitation à la soirée d'ouverture, nous vous remercions sur le web et vous téléchargez la carte postale avec le logo + deux fanzines + une t-shirt avec le logo du projet sérigraphié.

    > 50 Cofinanceurs
  • Pour € 100

    Petit panier de produits locaux

    Invitation à la soirée d'ouverture, nous vous remercions sur le web et vous télécharger la carte postale avec le logo + deux fanzines + t-shirt avec logo + un petit panier de produits biologiques plantés et / ou transformés localement.

    > 30 Cofinanceurs
  • Pour € 200

    Grand panier de produits locaux

    Invitation à la soirée d'ouverture, nous vous remercions sur le web et vous téléchargez la carte postale avec le logo + deux fanzines + t-shirt avec le logo + un grand panier avec des produits biologiques plantés et / ou transformés localement.

    > 10 Cofinanceurs

Disfrutamos no V Encontro de ORQX, en Xixirín

05 | 04 | 2016

Unha vez máis, do 11 ao 13 de marzo en Xixirín, disfrutamos da xente participando no V Encontro de O RURAL QUERE XENTE...

- O Rural Quere Xente? E iso qué raio é?

- ORQX non é fácil de definir. Non é unha organización pero se organiza. Non é un movemento pero se move. Non quere medrar pero se expande. Non pretende o poder pero si o empoderamento da xente. Non sei cómo explicalo, pero vouno intentar:

ORQX nace tras as primeiras Xornadas Rurais, celebradas na Eira da Xoana en febreiro de 2014. Convocadas por dúas persoas que desenvolven cadanseu proxecto de vida no rural e comparten inquedanzas en canto a agroecoloxía, transformación social, país... e coinciden no Lusco e fusco. Nestas xornadas falamos de muller e ruralidade, de comunitarismo e de economías. Asumimos como riqueza a diversidade tanto das persoas e iniciativas como do propio rural galego. Compartimos o respeto ás persoas e á terra e a necesidade de transformación hacia unha sociedade máis xusta e equitativa. E sentimos a necesidade de facer rede, dándolle continuidade á iniciativa no verán.

orqxernesEn xullo organizamos o encontro O Rural Quere Xente en Ernes (Negueira de Muñiz), onde máis de cen persoas nos formamos nos distintos obradoiros, reflexionamos e debatimos sobre aspectos importantes da vida no rural e, o máis importante, vivenciamos o desexo de sentirnos e de transformar as nosas capacidades individuais en capacidades colectivas.

orqxparañosTras Ernes chegou Paraños: íase consolidando a rede e seguía a sumarse xente. Falamos de apoio mutuo e de xerar capacidades para crear nun entorno represivo. Aínda que incorporamos ferramentas dixitais, como a web, o verdadeiro sentido da rede segue a ser o de sentirnos entre nós.

_JUJ8425

No verán do 2015, en Saumede, intentamos favorecer o encontro de xentes interesadas en diferentes eidos, que concretamos nos seguintes apartados: "as outras escolas", "na procura doutras relacións económicas" e "alternativas e resistencias ao heteropatriarcado".

xixirinv2En Xixirín segue a incorporarse xente e celebramos a evolución de aqueles espazos propostos en Saumede, "as irmás de ORQX": Rede de educación galega en transición e o Encontro de proxectos sustentabeis. Tamén incorporamos ás xentes do mar e ás paisanas (as persoas que fan o país).

Ao meu entender, O Rural Quere Xente ven sendo un espazo de encontro e apoio entre persoas e iniciativas construído de xeito horizontal entre todas._JUJ8371

No vindeiro encontro deste verán en Xestas priorizaremos, coma sempre, o encontro entre as persoas. Haberá obradoiros, reflexións... en realidade, como o facemos de xeito participativo, será o que nós queiramos.

Bicos (que son mediciña)

Salva

Commentaires

Inicia sesión para dejar un comentario