Schistostega, o musgo luminoso que pode salvar unha parroquia

Header image
Voir la Video
Financié le 08 / 08 / 2023
Cofinancé!
Accumulé
€ 3.625
Minimal
€ 3.000
Optimal
€ 5.300
75 Cofinanceurs
Channel
  • Pour € 10

    Sen ti, nada disto é posible

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense do urbanismo salvaxe.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 10€, Facenda devólveche 8€ e o teu gasto real é só de 2€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 15 Cofinanceurs
  • Pour € 25

    Solidaridade entre veciños/as

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 25€, Facenda devólveche 20€ e o teu gasto real é só de 5€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Cofinanceurs
  • Pour € 50

    Axúdanos a conseguilo

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.
    • Poderás vir á estrea local.

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 50€, Facenda devólveche 40€ e o teu gasto real é só de 10€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 09 Cofinanceurs
  • Pour € 100

    Convértete en fundamental

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.
    • Poderás vir á estrea local con dúas entradas.

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 100€, Facenda devólveche 80€ e o teu gasto real é só de 20€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 11 Cofinanceurs
  • Pour € 250

    Mereces unha rúa no barrio

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme nun lugar destacado.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.
    • Poderás vir á estrea local con dúas entradas.

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 250€, Facenda devólveche 155€ e o teu gasto real é só de 95€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinanceurs
  • Pour € 500

    Colaborador/a

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme nun lugar destacado.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.
    • Poderás vir á estrea local.
    • Poderás vir á estrea local con dúas entradas.
    • Poderás acompañarnos na rodaxe se queres.
    • Aparecerás nos créditos como Colaborador/a

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 500€, Facenda devólveche 242,5€ e o teu gasto real é só de 257,5€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinanceurs
  • Pour € 1.000

    Produtor/a

    Coa túa contribución desinteresada fas posible un documental, loitas pola defensa da biodiversidade e axudas a toda unha parroquia a defendérense.

    • O teu nome sairá nos créditos do filme nun lugar destacado.
    • Poderás ver a curta online unha vez remate a fase de estrea e proxección.
    • Poderás vir á estrea local.
    • Poderás vir á estrea local con dúas entradas.
    • Poderás acompañarnos na rodaxe se queres.
    • Aparecerás nos créditos como Produtor/a
    • Teremos un trato directo contigo por se queres aportar ao desenvolvemento do proxecto nas fases previas e posteriores.

    Esta achega desgrava na declaración da Renda. Doando 1000€, Facenda devólveche 417,5€ e o teu gasto real é só de 582,5€! Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Cofinanceurs

À propos du projet

Unha curtametraxe documental que fala de movemento veciñal, de loita polo medio ambiente e de urbanismo salvaxe

Budget Tâche Minimal Optimal
Persoal técnico
Directora, guionista, xefe de produción, operador de cámara, técnico de son e editora.
€ 2.000
Comisións Goteo y PayPal
As comisións de prestación de servizos de Goteo e de transacción, que suma un 6% do total
€ 300
Gastos, financiamento e difusión
Deseño gráfico, distribución en festivais e publicidade
€ 1.500
Budget Matériel Minimal Optimal
Material para a grabación
Alugueiro de equipos profesionais de cinema para a rodaxe
€ 700
Dietas
Comidas do equipo e persoas participantes durante a rodaxe
€ 300
Budget Infrastructure Minimal Optimal
Transporte
Desprazamentos interurbanos na cidade de Vigo
€ 500
Total € 3.000 € 5.300
Indispensable
Optionnel

Informations générales

A asociación AVIBE vén de descubrir na súa contorna un xacemento natural de gran interese patrimonial para Galicia. Trátase dun musgo luminescente: o Schistostega pennata. Este tipo de planta está catalogada como vulnerable nas dúas listaxes de referencia de especies en perigo de extinción con influencia en Galicia. No Atlas e Libro Vermello dos Briófitos Ameazados de España, do Miteco; e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, da Consellería de Medio Ambiente. O CSIC puxo tamén o foco neste achado pasando o punto onde se atopou este musgo na provincia de Pontevedra a formar parte dun novo e pioneiro artigo científico.

O Schistostega pennata é o único musgo coñecido na península Ibérica coa capacidade de reflectir luz esmeralda nunhas condicións de escuridade bastante densas. Aínda que puidese parecer relacionado, estes reflexos non teñen nada que ver con outros fenómenos naturais como a fosforescencia ou a biofotoxénese como no caso da ardora. En toda a península apenas se deron atopado nunha ducia de localizacións á que vén de sumarse este novo achado nunha bicentenaria mina de auga da parroquia de Beade, en Vigo (Pontevedra, Galicia). A súa clasificación taxonómica colócao como excepcional no seu grupo biolóxico.

Pero o descubrimento vai moito máis alá do interese científico e da súa adscrición ao patrimonio natural da comarca. Podería ter implicacións no futuro urbanístico da cidade máis grande de Galicia. É iso posible? Até o momento, hai unha cousa clara: a mina que contén ao musgo, xa de seu cun singular valor patrimonial, está situada exactamente no trazado dun polémico viario proxectado en Beade no novo plan urbanístico e que foi protagonista de boa parte das mobilizacións da cidadanía viguesa nos últimos dous anos. Se o plan urbanístico segue adiante e supera todas as fases ata a aprobación definitiva, unha estrada de alta capacidade atravesará toda a parroquia. Pasos elevados, tramos subterráneos e outros á mesma altura que as vivendas.

AVIBE quere chegar á sociedade en xeral e en especial a mocidade e inculcar o respecto polo medio ambiente deixando constancia deste xacemento cun incalculable valor patrimonial e da súa loita veciñal. A nosa contorna está repleta de espazos naturais de incalculable valor. A flora e a fauna son bens que deben ser primeiro coñecidos para pór en valor o seu potencial no mundo que nos rodea e así fomentar a súa protección. A crise climática na que estamos inmersos presenta un importante reto social: a sociedade debe respectar a contorna na que vive poñéndoa en valor. AVIBE quere mostrar que o rural da cidade de Vigo é moi especial tal e como demostra a presenza deste musgo singular poñendo sobre a mesa que debe ser protexido.

Para iso, propoñemos a creación dunha curtametraxe documental, vertebrada polas veciñas e veciños de Beade, que narre a historia do xacemento e o seu descubrimento. Todo, co convencemento de que por este medio xerará interese entre as persoas máis novas, aprendéndolles valores esenciais para o futuro e inculcando o respecto polo entorno e a vocación pola conservación dos espazos naturais.

Caractéristiques principales

A peza documental Schistostega baséase no valor patrimonial cientificamente probado do Schistostega pennata presente nesta parroquia xenuinamente rural de Vigo. O musgo atópase nunha mina de auga de, polo menos, douscentos anos de antigüidade polo que é susceptible de ser estudado tamén como xacemento arquitectónico. Conxuntamente co propio musgo, protagonista da curtametraxe, constitúen un lugar de obrigada conservación, que debería entrar a ser valorado como unha paisaxe cultural. Por outra banda, o patrimonio cultural inmaterial que se extrae da curtametraxe documental Schistostega é de innegable valor.

O documental será gravado en lingua galega regulado pola súa normativa específica constituíndo así un produto de exportación do noso valor patrimonial internacionalmente. As persoas que máis protagonismo ocupan no documental son a veciñanza de Beade, que narra a historia do descubrimento deste e doutros xacementos similares apoiándose en persoas de recoñecido prestixio na botánica, na investigación científica e na tramitación de procedementos de protección medioambiental.

O documental presenta unha estética contemporánea e uns medios técnicos que compiten en estándar de calidade coas últimas películas documentais de natureza que elevan a lingua galega en relación ao panorama europeo audiovisual e naturalizan o feito de que persoas de todas as idades falen galego entre elas.

Outra das propostas de valor de Schistostega en relación ao patrimonio cultural inmaterial é o espallamento de coñecemento sobre a natureza e o Universo. O centro do relato está configurado narrativamente para rodear a figura do anómalo musgo Schistostega pennata e as súas excepcionais características organolépticas facendo un breve percorrido polos xacementos dos que se ten constancia en Galicia.

beade-12.jpg

Pourquoi est-ce important

O público obxectivo potencial ao que vai dirixido é amplo e transversal, a curtametraxe está pensada para todas as audiencias. Pensamos que cunha estratexia de redes sociais levada a cabo profesionalmente podemos chegar á un amplo segmento de poboación galega e deste xeito democratizar a curtametraxe, tanto a nivel de target de idade como de acceso ao visionado.

Aínda que poida parecer que os produtos audiovisuais galegos levan consigo unha obrigada segmentación territorial é un mito que cómpre quebrar competindo cun estándar de calidade internacional como xa nomeamos.

Pensamos que o valor para a nosa sociedade é evidente e que a linguaxe universal do cinema porá en valor aínda máis este xacemento natural e a loita veciñal que o acompaña. O valor que ten para Galicia a curtametraxe Schistostega é incalculable a nivel artístico e a nivel de defensa do patrimonio natural e social pois percorre brevemente xacementos dos que non se ten ata o momento constancia de xeito audiovisual.

beade-10.jpg

Expérience antérieure et équipe

Por último, delegaremos a parte de produción audiovisual nunha cooperativa de traballo asociado afín, encargada da coordinación do equipo e da realización técnica da nosa curtametraxe e que desvelaremos cando academos a financiación. O noso obxectivo é que unha produtora audiovisual asesore á veciñanza e se faga cargo dos pormenores da produción colectiva da nosa curtametraxe. Que nos axude a contar a nosa historia de xeito profesional.

En AVIBE consideramos que deixamos en boas mans a parte técnica da proposta, tanto o guión como a realización da nosa curtametraxe documental. Confiamos en que de maneira inevitable terá relación co fomento da igualdade entre sexos e que porá en valor o papel histórico da muller, tanto na equipa de traballo, onde os postos de dirección os ocupan dúas mulleres, como na propia construcción do relato as persoas expertas son maioría mulleres. Así como as voces narradoras, que de xeito intencionado están repartidas equitativamente entre homes e mulleres.

beade-14.jpg

Engagement social

Sustainable Development Goals

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss