À propos du projet
Afficher la liste des besoins
![]() |
Minimal | Optimal |
---|---|---|
Lanzamento dos dous primeiros números
Empezamos de cero! E para lanzar os dous primeiros números antes de ser autosuficientes precisamos da túa colaboración. Estes números seguirán a liña do número cero lanzado dixitalmente
|
€ 1.550 | |
Gastos de Campaña
Inclúe a promoción da campaña e os gastos das recompensas.
|
€ 750 | |
Presentacións públicas
Queremos darnos a coñecer e para iso precisamos ter un presuposto que nos deixe mover libremente e anunciarnos.
|
€ 300 |
![]() |
Minimal | Optimal |
---|---|---|
Páxina web (hosting e dominio)
Creación dunha nova web para subir as novidades e o contido xa publicado de balde. Un xeito de non deixar ningún resquicio sen ocupar.
|
€ 300 |
![]() |
Minimal | Optimal |
---|---|---|
Material de oficina
Tinta para a vella impresora (que esperemos sexa nova algún día) e material funxible e duradeiro.
|
€ 200 | |
Total | € 2.300 | € 3.100 |
Informations générales
Nace Pensa Lugo.
Vivimos en tempos nos que hai moita información namentres que os contidos veraces resultan inaccesibles. Tempos nos que hai que facer un esforzo activo de contraste de noticias para enterarse do que ocorre. Tempos nos que a inmediatez quita espazo á reflexión.
Sentimos a necesidade de crear un medio de prensa en papel á disposición de todas as luguesas que ao mesmo tempo é para nós unha oportunidade de facer o que nos gusta, de aprender colectivamente e medrar. Un medio aberto a quen queira participar.
Ata o de agora Lugo carecía dun medio lucense independente das institucións, dos intereses das grandes empresas e dos bancos. Pensa Lugo non dispón, nin quere grandes capitais que o respalden. É un medio autónomo, sen ánimo de lucro, e que quere financiarse só a través das súas lectoras ou cooperativas e pequenos comercios que cumpran uns certos criterios éticos. E para empezar co mínimo necesario lanzamos este crowdfunding!
E que queremos facer?
- Un xornalismo pausado que fomente o debate, o pensamento e a aprendizaxe.
- Que toque temas que quedan fóra dos medios convencionais.
- Dende unha perspectiva comprometida socialmente: feminista, ecoloxista e inclusiva.
A través de que?
- Dun medio escrito en papel que chegue a todo o mundo.
- Dunha páxina web onde subir as publicacións anteriores de balde e dende onde mantervos informadas.
Caractéristiques principales
Queremos un medio centrado na información de Lugo e arredores, e para iso comezaremos pouco a pouco; publicando edicións de xeito bimensual, aínda que a nosa intención é ter unha periodicidade máis curta, achegándonos máis á actualidade.
O formato será, inicialmente, un rotativo de 32 páxinas a cor, dividido en diferentes seccións (reportaxes en profundidade, novas, opinión, eventos, e cultura).

Pourquoi est-ce important
Percibimos, na nosa cidade, a carencia dun xornalismo crítico, así como a necesidade do mesmo. E pensamos que é posible crear un novo medio sen intereses económicos, que dé voz aos sectores máis silenciados. Tamén queremos dar protagonismo á cultura local e para iso precísanse medios que crean de verdade nela; poñer en valor ás deportistas máis invisibilizadas e mostrar opinións que non estén necesariamente respaldadas polo pensamento maioritario.
Queremos que as nosas lectoras sexan diversas, e pensamos que unha posible ferramenta é un periódico impreso, que non sexa limitado pola barreira tecnolóxica, e que esté presente nos lugares onde se move a xente: Dende a tendiña de toda a vida ata o bar da esquina, chegando a todos os recunchos da nosa vida cotiá.
Expérience antérieure et équipe
Vimos dende diferentes experiencias e prismas, dende os movementos sociais e asociaciativos. Unha equipa multidiscplinar, interxeracional e de pensamentos diversos. O noso sistema de participación, aberto e asembleario, promove a colaboración externa para tratar temas de coñecementos máis específicos.
Realizamos o noso traballo na ECA Fábrica (Espazo Creador Autoxestionado), abstraídas entre cadernos, computadoras e petiscos. Temos unha infraestructura modesta que queremos mellorar co fin de medrar como proxecto.

Engagement social

Independent journalism
Un medio independente para Lugo
Todo o noso material será compartido baixo licencia Creative Commons, de libre acceso e divulgación.